martes, 31 de diciembre de 2013

"3...2...1..." Está rematado e listo para ser distribuído.

Para conseguilo contactade conmigo a través do mail renataotero08@gmail.com ou chamademe ao 610574345. Por 10 euriños a unidade levades unha peza limitada, personalizada e adicada.

viernes, 27 de diciembre de 2013

"3... 2... 1..."

Por fin veño de rematar a impresión do primeiro libro que autoedito. Trátase dunha peciña de 22 páxinas a toda cor, froito da experimentación. É unha serie limitada onde se mistura a escritura automática, o colaxe, a ilustración e por suposto o azar. O resultado é un conto para adultos que xira en torno á idea da crise (calquera crise) como unha oportunidade para o avance persoal.
Estes días ando fora da casa e non podo colgar imaxes do proxecto pero fareino en breve.
O 3  de Xaneiro ás 12:00 h. presentareino na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Estades todos convidados.

viernes, 5 de julio de 2013

Unha de cal e outra de area...

Semella que a expo colectiva de Vilagarcía é probable que non chegue a facerse por problemas na organización...En fin...Por outra banda estes días estou a aproveitar moitisimo o tempo facendo un curso sobre libro de autor en Milpedras, na Coruña e rodeada de profesionales do sector. Un gustazo ! En breve colgarei algunha imaxe do que alí fixemos..

martes, 18 de junio de 2013

Outra colectiva para finales de ano na Igrexa da Universidade

Monse Cea púxose de novo en contacto conmigo para convidarme a participar na retrospectiva sobre o magnifico proxecto "Procesalia" do que formei parte vai mais de dez anos. Para o evento presentarei algunha cousa da miña mostra "Nove meses lunares" (a imaxe corresponde a unha parte daquela instalación) e, por suposto, cousiñas novas nas que levo a traballar desde o verán ...

domingo, 5 de mayo de 2013

Estou a rematar outro libro de artista

En esta ocasión, por primeira vez rendinme ao placer da creación automática. Tanto as ilustraciones coma os textos foron aparecendo e medrando de xeito espontáneo. Na paxina central escribin algo que me agrada e quero compartir: " (...) e decido crear por crear, sen metas, sen expectativas, sen muletas nin maletas. E un día atopome a min mesma gozando como facia lustros que non o facia. Creando e creendo no placer do proceso, metida nun trance que convirte horas de traballo intenso, en apenas un instante."

viernes, 26 de abril de 2013

Rematando a puta tese

Ordeando carpetas no disco duro atopei outra peza miña que ten moito que ver coa escritura, e que corresponde aos últimos meses do meu ensaio sobre " Estratexias para a autorrepresentación en arte, literatura e cine", lida na UB no 2007.

jueves, 25 de abril de 2013

En breve expoño en Vilagarcía

Onte pedironme participar nunha exposición colectiva titulada "Entrelíneas" . Na mostra recolleranse traballos moi diversos pero todos eles vencellados á literatura dalgún xeito: en formato libro de artista, como inspiración, empregando a palabra, etc. A iniciativa ten moi boa pinta e levaa a xente de Pokonoma. Teño cousas moi recentes nesa liña e apetéceme sacalas á luz. Será no Espazo Sunay na Casa Sunay en Vilagarcía, de Setembro a Outubro deste ano.